Programación Eventos fin de semana
RECORDAMOS A PROGRAMACION DE ACTIVIDADES DO CONCELLO DE PIÑOR POLO 25N!!! A primeira delas será este domingo ás 18h no Centro Cultural de Arenteiro (ENTRADA DE BALDE!!), unha obra de teatro que non nos deixará indiferentes, diversión e concienciación sobre a igualdade de xénero, unha actividade dentro do Programa de Educación e Apoio á Familia, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027.
Haberá sorteo de agasallos entre os nenos e nenas asistentes!!!