Ponte do Arenteiro: situada a carón do pobo da Ponte (parroquia de Carballeda) preto dunha ponte nova de formigón pola cal pasa a estrada de Cea – O Reino alzándose sobre as augas do río Arenteiro entre as parroquias de Barrán e Carballeda. Trátase dunha ponte de pedra feita a base de sillería granítica que conta cun arco de medio punto de 5.10 m e un tosco aliviadeiro adintelado, aberto posiblemente este último en época posterior para facilitar o paso das augas do río a unha canle dun muíño. A ponte carece de petrís e presenta rasante horizontal.A data de construción máis antiga da que se ten referencia é do ano 1244. Pola ponte do Arenteiro pasaba o camiño medieval Ourense – Santiago e xa na Idade Moderna, diversos camiños de peregrinación a Santiago.
|
|