Benvidos á web oficial do Concello de Piñor.
É unha ledicia para min dardos a benvida a este espazo virtual de comunicación, de traballo e de fiestra aberta do noso municipio.
Aquí poderedes atopar información relacionada co Concello dos diferentes servizos municipais. O noso obxectivo é dotar a páxina web do Concello con un maior caudal de información actualizada que facilite a transparencia e accesibilidade da cidadanía.
Convídovos a que enriquezades este Concello coas vosas propostas, inquedanzas e por suposto tamén as vosas queixas e reclamacións; así poderemos ter a oportunidade de darlle unha mellor e axeitada resposta.
Agardo que este espazo sexa un punto de encontro de veciños e visitantes.
José Luís González Rodríguez