ADHESIÓN DO CONCELLO DE PIÑOR Á ESTRATEXIA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE E PREVENCIÓN

 

O mércores día 15 de novembro  de 2017 tivo lugar a presentación pública para dar a coñecer á poboación a adhesión do Concello de Piñor á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Salón de Plenos do concello. Este mesmo día, con  anterioridade a esta presentación tivo lugar a creación dunha  Mesa intersectorial no concello que será o instrumento  para implementar esta estratexia e para planificar conxuntamente  entre os diferentes sectores que a van compoñer o intercambio de  información, a coordinación e avanzar cara a metas e resultados comúns.

O Concello de Piñor aprobou en pleno a adhesión á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde  do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación Española de Municipios e Provincias coa finalidade de promover a saúde e a prevención para mellorar a calidade de vida das persoas que residen no concello.

Esta estratexia propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a gañar en saúde e a previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade  e o seu obxectivo final é fomentar a saúde e o benestar da poboación promovendo estilos de vida saudables e potenciando  a seguridade fronte ás lesións.

Para posibilitar esta mellora da saúde e benestar da poboación é  necesaria a implicación e coordinación de sectores que implementan políticas e actividades con impacto na saúde como educación, benestar social, medio ambiente, traballo e inmigración, urbanismo e planificación do territorio, transporte e mobilidade activa, ou economía e facenda.

É necesario que dende o entorno local traballemos xuntos, articulando os mecanismos necesarios para participar na mellora do noso municipio xa que o ámbito local é un entorno esencial para  mellorar a saúde e o benestar da poboación xa que dende o entorno local, podemos contribuír a mellorar la saúde da poboación mediante as políticas locais de saúde, educación, benestar social, transporte, medio ambiente, cultura, urbanismo, vivenda, deportes, seguridade, etc.

En definitiva, trátase de reorientar o sistema sanitario, os sistemas de información e a investigación cara a promoción da saúde e prevención da enfermidade e que as actividades doutros sectores teñan en conta á cidadanía. Preténdese implicar a toda a sociedade no desenvolvemento desta estratexia para que a poboación teña información e apoio relevante e de calidade para que poida modificar os seus estilos de vida e que sexan máis saudables.

FOTO PRESENTACION