autoemprego
Medidas activas de emprego. Qué son e en qué consisten?
As políticas activas de emprego están encamiñadas a crear máis e mellores postos de traballo na nosa comunidade incentivando a contratación por conta allea e apoiando a posta en marcha e consolidación de alternativas emprendedoras como fórmulas de autoemprego.
Fórmulas de autoemprego
Van dirixidas principalmente ós seguintes sectores:
- Desempregados (Incentivos á contratación por conta allea, Programas de cooperación, Programas mixtos de formación e emprego, Escolas obradoiro e Obradoiros de emprego).
- Emprendedores (Asesoramento para a formulación de proxectos de creación de empresas).
- Mulleres vítimas de violencia doméstica e emigrantes retornados (Programa de fomento da inserción laboral).
- Mozos e mulleres do ámbito rural (Revitalización da economía local e mantemento do tecido social no medio rural con actuacións dirixidas a fomentar o espírito empresarial no sector agroalimentario).
Actividades e servizos principais
A promover polo Axente de emprego e desenvolvemento local no concello de Piñor en materia de autoemprego:
Ademais de realizar a axuda, colaboración e seguimento da implantación das políticas activas de emprego, o Plan de acción en Piñor pretende lograr un índice de paro igual a cero. Asemade, tamén se consideran obxectivos prioritarios:
- Potenciación das novas actividades que se poden desenvolver, diferentes cursos de formación atendendo ás profesións máis demandadas polo mercado laboral.
- Actividades de información e de asesoramento, tanto a emprendedores, a empresarios como a desempregados.
- Programación de Seminarios de difusión que son de gran importancia para a captación de emprendedores.
- Establecemento de canles de comunicación cos interlocutores sociais (empresarios, sindicatos, desempregados, emprendedores…).
- Fomento do asociacionismo e do cooperativismo.
- Información sobre a creación de empresas para reducir o paro entre os sectores máis desfavorecidos.
Para máis información, consultar no seguinte enlace: www.auladoautoemprego.ceg.es ou ben dirixirse ós Servizos de emprego e desenvolvemento local do concello de Piñor chamando ó teléfono 988403236/17 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.